Día das discapacidades

Para traballar a conmemoración oficial do Día das Discapacidades, este ano, na escola tivemos a sorte de contar coa visita da Asociación DISCAMINO, un proxecto que naceu para xuntar os termos Discapacidade e Camiño de Santiago, axudando a persoas con dificultades a cumprir o seu soño de chegar a Santiago. Foi todo un pracer aprender con eles, e poñernos na súa pel e entender un pouquiño máis que todos e todas somos diferentes pero nas nosas diferenzas está a maxia da diversidade, elemento enriquecedor en todo proceso de ensino-aprendizaxe. Moitísimas grazas á asociación e o noso particular homenaxe e agradecemento a Suso, o avó de Leyre, un home incrible e moi valente que nos ensinou moitas cousas compartindo as súas experiencias.














Comentarios

Entradas populares