Dende o Con para o mundo
Este venres 28 de setembro apareceu unha maleta misteriosa na biblioteca da escola. Con moita expectación agardamos a ver qué había dentro e... SORPRESA!!! Recibimos a carta de "Kity" e "Lúa", unha cadeliña e unha gatiña con moitas ganas de viaxar que nos pediron que viaxaramos tod@s xunt@s con elas para coñecer moitas partes diferentes do mundo e aprender moitas cousas novas; ademais na maleta había tamén un pasaporte, as fotos de moitos monumentos do mundo e o conto "Matías y las maravillas". Xunt@s vimos a carta, as fotos, o pasaporte e lemos o conto ademais de escoitar as cancións "Vou de viaxe", unha canción con pictogramas e o "Rap dos continentes". Por iso, grazas a elas comezamos esta emocionante aventura na que viaxaremos durante todo o curso por todo o mundo.
Comentarios
Publicar un comentario