ENTROIDO
Na EEI do CON celebrámolo entroido por todo o alto, despois
dunha semana moi intensa volvemos a normalidade.
Este ano disfrazámonos de marcianos aproveitando a
temática do noso proxecto anual do espazo “Unha viaxe con estrelas”, que tamén
da título a este blog.
Organizamos dous obradoiros, onde pais e nais axudaron a rematar
os nosos traxes e as diademas, nun obradoiro poñíamos ollos e estrelas nos
vestidos, e noutro montábamos os ollos das diadema que levábamos na cabeza.
Tamén ó longo da semana, seguimos os Mandados do Meco e o
venres celebrámolo entroido cun pasarúas e unha merendola na escola con
filloas, orellas, rosquillas, biscoitos... e moitas cousas ricas que trouxeron
as familias.
Comentarios
Publicar un comentario