OBRADOIRO DE COCIÑA

Aproveitando o regalo que nos fixeron os nenos e nenas da EEI de Verducedo, o xoves día 1 de febreiro fixemos un obradoiro de cociña, aprendemos a facer Bica, un biscoito típico de Ourense que nos gustou moitísimo.
Entre todos e coa axuda das profes e o profe Pablo fomos xuntando os ingredientes pouco a pouco; primeiro os ovos das galiñas de Verducedo, despois a manteiga, fariña, un sobre de levadura e despois o azucre, remexemos e remexemos e despois puxémolo nun molde e entre todos estirámolo cá espátula de Montse.
Tivemos que esperar un pouquiño mentres estaba no forno e deixaba de estar quente, e despois fixemos unha merendola todos xuntos no comedor.

Pasámolo moi ben e estaba boísimo, moitas grazas os compañeiros e as galiñas de Verducedo.














Comentarios

Entradas populares