PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO MONTE DO CON
O venres 8 de xuño os nenos e nenas da EEI do Con fomos o
monte plantar árbores, seguindo unha iniciativa do Concello. Cadanseu plantou o
seu árbore e puxémoslle un cartel que o identificaba. Entre outras especies
plantaranse carballos, bidueiros, sobreiras, espiños, xestas...A actividade
"Porfilla unha árbore" pretende concienciar ao alumnado máis novo na
protección do Medio Ambiente á vez que se pon en valor unha das zonas verdes da
vila. Esta actividade enmárcase dentro do Día Mundial do Medio Ambiente que se
celebra o 5 de xuño, o retraso da dita actividade ao día de onte debeuse ao mal
tempo.
Comentarios
Publicar un comentario