VOZ NATURA


Na EEI do Con estamos de celebración, xa somos un centro VOZ NATURA! Somos un dos centros seleccionados para o vindeiro curso 2018/2019 co noso proxecto “Da horta á cociña”.
O traballo na horta segue unha metodoloxía de investigación e exploración, tan necesaria para os nenos e nenas distas idades, traballando dun xeito multidisplinar contidos das tres áreas curriculares que se establecen na etapa, e cada unha das competencias dun xeito globalizado.
O eixe principal do proxecto da horta é a Educación Ambiental, o obxectivo xeral é concienciar e implicar a alumnado, profesorado e familias na recuperación e defensa da natureza.
Moitísimas gracias a todos as nais e pais que axudan os nenos e nenas na horta, gustaríanos facer unha mención especial a Cristal, unha nai moi implicada e toda unha experta en horticultura, sen ela a horta non sería posible.
Preparádevos para o ano que ven, porque o mellor de “A horta á cociña” está por chegar.
















Comentarios

Entradas populares